O Psdeg-Psoe de Ourense acusa a Baltar de tapar cunha “cortina de fume” o declive da provincia e o seu pacto con do agora que hai indicios claros de malversación

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas consideran que políticos de “escaso fuste” coma Manuel Baltar son os que “minguan” aínda máis o peso da provincia e da cidade de Ourense e pídenlle que “deixe de aferrarse ao poder con unllas e dentes, en lugar de promover un cambio na cidade”

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os socialistas manifestan que a Baltar e a o PP “non lles importan, nin nunca lles importaron os autónomos e cos fondos de todos dedicáronse a repartir axudas, coma sempre, de forma clientelar”

O PSdeG-PSOE de Ourense acusa ao presidente do Partido Popular de Ourense, José Manuel Baltar, de desviar a atención correndo unha “cortina de fume” sobre o pacto de goberno con DO no Concello de Ourense, unha vez que se coñeceu que hai indicios de malversación na xestión do seu socio Jácome. Os socialistas responden así a rolda de prensa do presidente na Deputación na que tratou de “desviar” a atención dunha evidencia como é que o PP “é cómplice” dunha persoa sobre a que cae a lousa de indicios de malversación.

Os socialistas consideran que políticos de “escaso fuste” coma Manuel Baltar son os que “minguan” aínda máis o peso da provincia e a cidade de Ourense. Acusan tamén ao líder dos populares ourensáns de “aferrarse ao poder con unllas e dentes, en lugar de promover e facilitar un cambio na cidade”.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense consideran que estas declaracións de Baltar chegan nun momento para a provincia de Ourense, na que segundo expoñen “nunca houbo unha situación tan decrépita e cunha provincia a punto de pechar”. Critican que ao fronte da Deputación de Ourense estea unha persoa “que só esta para vivir de isto e para dedicarse basicamente ao dolce far niente, tentando tapar os asuntos realmente importantes como é o declive imparable da provincia e da cidade”.

“Baltar é o único responsable de todo o que acontece na provincia e na cidade de Ourense e trata de tapar todo o que está ocorrendo con cortinas de fume que fan que a Deputación de Ourense sexa a máis irrelevante de toda Galicia e a máis perniciosa para a cidade de Ourense”, expresan dende o seno dos socialistas ourensáns.

O PSOE de Ourense considera que o “maior temor” que ten nestes momentos Manuel Baltar e a xunta de goberno que o amparou “é que teñan que devolver do seu peto” as axudas entregadas de xeito “irregular”. Os socialistas manifestan que a Baltar e a o PP “non lles importan, nin nunca lles importaron os autónomos e cos fondos de todos dedicáronse a repartir axudas, coma sempre, de forma clientelar”. Tamén apuntan a que se finalmente a xustiza ditamina as irregularidades “os únicos culpables serán Baltar e a súa xunta de goberno, nunca os autónomos”.

Dende o PSdeG-PSOE de Ourense manifestan novamente que as axudas entregadas por Manuel Baltar seguiron criterios “clientelares” e sinalan que hai probas “totais e absolutas de manipulación nas entregas”. Apuntan que isto queda acreditado nas redes sociais dos alcaldes do Partido Popular, anunciando axudas “fora” de prazo e na “máis absoluta ilegalidade”. Os socialistas tamén subliñan que “sempre estivemos a favor dos autónomos” como aconteceu no Concello de Ourense onde apoiaron as axudas “baixo un criterio xusto”.

Os socialistas finalizan afirmando que “non van permitir que se vulnere a legalidade, nin que nadie se aproveite desta crise para tentar quitarlle réditos políticos a algo que é de obrigado cumprimento como axudar aos emprendedores”. Tamén apuntan que “se velar pola legalidade é malo e Baltar é o bo, esta provincia está perdida”.