O Psoe de Ourense esíxelle ao PP que faga valer o acordo vinculante para a reactivación da upo

IES CHAMOSO LAMAS

. O PSdeG-PSOE de Ourense esíxelle ao grupo municipal do Partido Popular no Concello de Ourense que se realmente son coherentes como manifestaron na última xunta de área municipal celebrada esta semana, que se deixen de “cinismos” e fagan valer o acordo vinculante aprobado no pleno extraordinario para a reactivación da Universidade Popular de Ourense (UPO).

Os socialistas volveron a interesarse polo cumprimento deste acordo acadado no pleno extraordinario e que contou co respaldo de todos os grupos políticos agás DO. Lémbranlle os populares que ao ser un pleno extraordinario o acordo acadado “é vinculante” e polo tanto esíxenlle que como socios do goberno municipal de Jácome “fagan cumprir dito acordo para que se renove o convenio coa UPO e se activen os cursos de forma inmediata”.

OZOCOgz Deseño Galego

Dende o Grupo Municipal Socialista apuntan tamén a que o PP “debe facer certas estas reafirmación de coherencia”, en relación a intervención de Jorge Pumar en xunta de área onde afirmou que “a postura dos populares quedou clara no pleno extraordinario co seu voto a favor”. Os socialistas pídenlle que ese voto a favor se “converta en feitos e non en cinismos”, xa que tal e como afirman “a día de hoxe o PP sigue sendo parte do goberno municipal, pero non moveu un só dedo para a reactivación da UPO”.

Os socialistas aproveitaron a xunta de área celebrada esta semana para preguntarlle ao Partido Popular se van a “facer presión” como socios de goberno que son do alcalde para que o acordo do pleno extraordinario coa UPO “se cumpra”. Dende o PSdeG-PSOE de Ourense sinalan que os populares “acudiron a moitas reunións da UPO”, pero sublíñanlles que “son corresponsables de que non se faga cumprir este acordo vinculante”. Acusan tamén a PP e DO de “pasarse a pelota entre eles, sen dar solucións a UPO e a cidadanía”.

O PSdeG-PSOE de Ourense destacan os valores asociados á Universidade Popular, concretamente o seu carácter municipal, polo que defenden que “non pode pasarse á Deputación”. Así mesmo, fan fincapé na “universalidade” dun proxecto cuxas orixes están vencelladas á educación das persoas “máis desfavorecidas”, destacando que é un proxecto cuxos precursores foron a Xeración Nós, precisamente no ano no que Ourense celebra o centenario do grupo intelectual galeguista.