Ribadavia presenta a programación cultural para o mes de agosto

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Ribadavia continúa apostando pola programación cultural e segura durante o verán, así durante o mes de agosto o Concello programará o ciclo “CULTURA NO CASTELO“, con actuacións dos monologuistas Carlos Blanco e Agustín Jiménez, o 12 e 30 de agosto respectivamente, e tamén dous musicais, “Dos 80 aos 90” e “Musical Tributo ao Rei León”, que terán lugar o 18 e 19 de agosto. O auditorio do Castelo será o espazo ao aire libre no que se leven a cabo os espectáculos, con todas as medidas e protocolos sanitarios. As entradas poderanse mercar na a través de woutick.es a partir desta mesma tarde.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ademais, o 7 de agosto tamén terá lugar a primeira das visitas nocturnas teatralizadas ao Castelo, actividade de fomento do coñecemento do noso patrimonio para o que moi pronto sairán as entradas á venda.

Todo isto enmarcado dentro dun verán no que o prato forte da programación municipal está a ser a Mostra Internacional de Teatro, que se está celebrando no Concello de Ribadavia desde o día 16 de xullo ata o día 25, e que está discorrendo con moito éxito en afluencia e venda de entradas, grazas a unha organización humana e material eficaz e segura, e a unha programación teatral de gran calidade e de vangarda. O que fai que a MIT sexa o evento cultural máis importante da provincia, e un festival consolidado e referencial nas artes escénicas da Península.

Desde o Concello apostan firmemente pola programación cultural, a pesar das dificultades, aumentando o esforzo e traballo para que a cultura segura sexa posible.