O Carballiño e Avión soben a nivel alto e Boborás a nivel medio

IES CHAMOSO LAMAS

O presidente da Xunta de Galicia compareceu esta mañá para dar conta das medidas acordadas polo comité clínico na reunión mantida onte pola tarde. A situación epidemiolóxica de Galicia esixe medidas restritivas acordes ás características desta quinta onda.

NIVEIS DOS CONCELLOS OURENSÁNS

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

Hai sete concellos galegos que pasan a nivel máximo de restricións, entre eles, na provincia de Ourense, O Barco de Valdeorras. Isto supón un aforo do 30% no interior e do 50% en exterior. Esixirase un test diagnóstico negativo para o acceso.

En nivel alto pasan os concellos do Carballiño e Avión, e mantéñense Ourense e Barbadás. Isto supón un aforo do 50% en interior e do 50% en exterior. Solo será necesario presentar o certificado de vacunación ou test negativo en interiores, en exterior no é obrigatorio.

Boborás sube ó nivel medio, o que supón un aforo do 50% en interior e 50% exterior. Non é obrigatorio presentar test diagnóstico negativo.

NOVAS MEDIDAS

Quedan prohibidas as reunións entre non conviventes de más de 6 persoas en interior e de 10 persoas en exteriores.

O comité clínico decide pedir estas probas diagnósticas para non ter que pechar a actividade do sector nos concellos en nivel alto ou máximo. Pódense presentar tres documentos: certificado de vacinación, PCR negativa nas últimas 72 horas ou ter pasado a covid. Os menores de 12 anos están exentos de presentar estes documentos.

O ocio nocturno queda pechado no nivel alto e máximo. e tamén quedan prohibidas as reunión de persoas non coviventes dende as 01:00 horas ata as 06:00 horas nos niveis alto e máximo.