Rhut Marina Reza Álvarez e Xosé Luis Seara Fernández, concelleira e concelleiro do
Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense, ao abeiro da LRBRL, Lei da
Administración Local de Galiza e demáis disposicións concordantes, presentan para
debate e aprobación, se procede, a seguinte
MOCIÓN RELATIVA Á REPROBACIÓN DOS CONCELLEIROS E CONCELLEIRAS DO PP
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
No pleno do Concello de Ourense celebrado o pasado día 11 de setembro de 2020, a
corporación, aprobaba por 24 votos a favor (PsdeG-PSOE, PP, BNG, Cs, e non adscritos)
e 2 en contra (D.O.), pedir a dimisión inmediata de Gonzálo Pérez Jácome, Alcalde do
Concello de Ourense, de todos os seus cargos.
O certo é que o Alcalde non atendeu dito requerimento e continuou e continúa a
exercer as súas funcións. Daquela, o Partido Popular decidiu abandonar o Goberno
Local ao entender que as acusacións e as denuncias efectuadas eran da suficiente
relevancia e entidade como para seguir formando parte do mesmo e para demandar
do alcalde unha serie de explicacións, que por certo, a día de hoxe, aínda non ofreceu.
Para o Partido Popular por aquela altura de setembro de 2020 non existía a presunción
de inocencia de Gonzalo Pérez Jácome e daban por boas as denuncias efectuadas polas
súas compañeiras e compañeiros de partido sen existir ningún tipo de pronunciamento
xudicial.
O Concello de Ourense, logo do abandono do barco por parte do PP quedou cun
goberno formado únicamente por tres persoas, co que se demostrou o que o BNG dixo
desde un principio, que non se pode gobernar a terceira cidade do país con tan exigua representación
Dada a situación, desde o BNG advertiuse inmediatamente a necesidade de dotar a
Ourense dun goberno estable e suficiente que sacara ao concello da situación de caos
e parálise na que se atopaba e por ese motivo propuxo a presentación dunha moción
de censura para que gobernara, tal e como acontecería no caso de dimisión do alcalde,
a lista máis votada.
Sucedéronse as reunións e todos os grupos, a excepción do PP, entendían necesario
articular dita alternativa, mais pasaron os meses e pola teima dos populares de pensar
que Ourense é couto privado e co único obxectivo de salvar a Deputación, impediron
calquera posíbel alternativa ao actual equipo de goberno.
O PP adicouse durante meses a marear a perdiz, pondo vetos e condicións inasumíbeis
cun único obxectivo: manter a Jácome na alcaldía. Pasaron os meses e o PP finalmente,
decide regresar para darlle “estabilidade” a Ourense e, en verbas do seu Secretario
Xeral Miguel Tellado, “devolverlle a honra a Jácome”.
A xuíza do Xulgado de Instrucción número 3 de Ourense vén de acreditar a existencia
de indicios razonábeis dun posíbel delicto de malversación nos fondos de Democracia
Ourensana. Xa non o din os non adscritos, nin os grupos da oposición ou os xornalistas,
dío a propia xuiza encargada do caso, a mesma que sobreseera en primeira instancia.
Mais agora para o Partido Popular prima a presunción de inocencia e a necesidade
dunha sentenza en firme. É curioso que os que quixeron dinamitar a Jácome, agora
sexan tan escrupulosos aludindo a unha presunción de inocencia que obviaron cando
en setembro de 2020 decidiron abandonar o bigoberno. Unha presunción de inocencia
que, por certo, non tiveron en conta no pasado con persoas doutras formacións
políticas.
Cabe preguntarse que lle da Jácome ao Partido Popular ou por qué Jácome é tan
importante para o PP. Para o BNG o importante non é devolverlle a honra a Jácome, é
devolverlle a honra a Ourense e as e aos ourensáns.
Por todo o anterior, o Grupo Municipal do BNG no Concello de Ourense solicita do
pleno da corporación a adoción dos seguintes
ACORDOS
- O pleno, reproba aos membros do PP, que fan parte do actual Goberno Local do
Concello de Ourense, pola súa connivencia con Jácome, a pesares das presuntas
irregulariedades postas de manifesto pola xuíza en relación coa apreciación dun
presunto delicto de malversación na xestión dos fondos de Democracia Ourensana e
por contribuir, en consecuencia, ao descrédito da política e dano para a imaxe do
concello