Este xoves segue o veran en Arnoia con actividades culturais, ca proxeccion da longametraxe Maria Soliña

E EN arnoia segue o verán da Queixeira este xoves ás 22.15h os veciños que o desexen poden asistir á estrea da longametraxe ” María Solinha Filme” e contaremos coa presenza do seu director Ignacio Vilar para a súa presentación e coloquio posterior.

O aforo é limitado por orden de chegada.

AVANTAR ACTIVIDADES

E FALANDO DA ARNOIA AINDA HAI TEMPO DE participar na votación popular do cartel para a 42 edición da Festa do Pemento de Arnoia , no recinto da Queixeira están expostos os máis de 100 carteis que se presentaron ao concurso.

O prazo e ata o 31 de xullo e Só poden participar unha vez os maiores de idade utilizando os boletos facilitados no recinto.