O conselleiro de sanidade anunciou que se habilitará un teléfono para notificar os positivos que se descubran ao facer os test de antígenos dispoñibles nas farmacias.

Advertiu ademais que nas ucis galegas hai pacientes de entre 29 e 40 anos, e pide especial precaución aos máis novos, onde ademais estanse concentrando a maioría dos contagios de covid-19. Ademais asegura que nos cribados non acoden nin a metade dos convocados e reitera a colaboración cidadá.   

Publicidade

E outras probas que se están a facer pero non nas farmacias, se non nos lugares de vacinación, son os chamados Vaci-Crib. Na espera de seguridade  post-vacinal aproveitase para realizar a mostraxe e agardar o resultado do test de antíxenos, sen afectar así ao circuíto de vacinas. Das 680 PCRs que se realizaron na xornada de mañá de onte en Expourense, 7 resultaron positivos.