O BNG critica a falla de actividades culturais de verán en Leiro

Desde o BNG critican e denuncian a falta de actividades culturais no concello neste verán 2021. Son moitas as localidades da contorna que programan diferentes actos aproveitando estes meses de calor e vacacións.

Desde o BNG entenden que a programación de actos culturais ao aire libre nesta tempada estival sería interesante e importante, tanto para o desfrute dos veciños e visitantes como para dinamizar a economía dos diferentes establecementos hosteleiros, que o pasaron tan mal durante os últimos meses.

AVANTAR ACTIVIDADES