A Xunta de Galicia segue avanzando na vacinación contra o covid 19. Neste sentido, as vacinacións masivas do martes e venres desta semana realizaranse no grupo de idade entre os 29 e os 16 anos, cun total de 56.320 persoas que será convocado para recibir a primeira dose. Esta chamada realizarase polo método habitual, enviando un SMS ao móbil, non haberá cita previa.
O mércores e o xoves será a quenda para a inoculación de segundas doses.
En Ourense, prevense inocular preto de 11.000 doses, distribuídas do seguinte xeito: o martes están convocadas 2.688 persoas, o mércores 2.305, o xoves 3.146 e o venres 2.688 persoas.