O Cine de Leiro trae o filme “Free Guy”, de Ryan Reinolds

O Novo Cine de Leiro ofrece para esta fin de semana unha das estreas máis recentes. Trátase de “Free Guy”, a historia dun caixeiro de banco que descobre que en realidade é unha personaxe sen papel dentro dun brutal videoxogo de mundo interactivo, protagonizada por Ryan Reinolds.

Os pases serán este venres, sábado e domingo ás 16:00 horas, ás 18:15 horas e ás 20:30 horas; e o luns e xoves próximos ás 18:15 horas e ás 20:30 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES