Onte arrincou no recinto de Ifema a feira internacional de turismo Fitur, nunha data marcada polo formato hibrido

A Feira Internacional de Turismo, Fitur, arrincaba hoxe, e prolóngarase ata o próximo 23 de maio, o seu 41.ª edición nun formato híbrido -presencial e en liña- como consecuencia da pandemia do coronavirus. O número de países asistentes reduciuse dos 165 da edición anterior a 55 con presenza física nesta ocasión, ademais de ter uns aforos reducidos ao 50% para garantir as medidas sanitarias. Nesta edición, con restricións de viaxes internacionais, corentenas, obrigatoriedade de test e demais medidas de seguridade, as grandes protagonistas da Feira son as comunidades autónomas, que buscan expoñer o seu patrimonio para atraer aos viaxeiros nacionais. 

O CARBALLIÑO PRESENTARÁ A SÚA RIQUEZA GASTRONÓMICA E TURÍSTICA COMO CADA ANO DENTRO DO XEODESTINO CARBALLIÑO-RIBEIRO.

AVANTAR ACTIVIDADES

O Carballliño , Ribadavia, Leiro e Boborás agrupanse como en cada edición no xeodestino carballiño-ribeiro, presidido por Francisco Jose Fernandez, que fixo a presentación en Madrid. Unha delegación de badal novas televisión acudiu a dita presentación para darlles conta da actualidade desta feira de turismo internacional.