A Festa da Istoria celebrarase este ano en formato reducido dentro do Castelo

A organización da Festa da Istoria quixo recuperar este ano o evento, cancelado o ano pasado pola pandemia, aínda non poderá ser coma do xeito tradicional. Será con actividades en formato reducido, e todas dentro do Castelo dos Sarmiento, o próximo sábado día 28, como manda a tradición na última fin de semana de agosto.

O que si se poderá desfrutar este ano serán os traxes tradicionais cun desfile, música medieval e espectáculo de esgrima. Tamén haberá media ducia de postos nun mercado de artesanía, aínda que non haberá a moeda tradicional, os maravedís. O acceso ó castelo estará restrinxido con aforo, para garantir a seguridade.

AVANTAR ACTIVIDADES