Galicia rexistra 497 contaxios nas últimas 24 horas e baixa os casos activos ata os 9.486

A comunidade galega rexistra hoxe 497 contaxios, un ritmo de novos positivos que descende con respecto a onte, volvendo a baixar o medio millar nunha xornada. Aínda así, o número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 9.486, unha cifra que descende en preto de 300 casos grazas ás altas. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid hoxe presenta un descenso. Do total de pacientes positivos en Galicia, 59 (+4) están en UCI e 215 (-7) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 41 contaxios novos, cifra similar a onte, e restando as altas, os casos totais baixan ata os 688  casos activos,  6 menos nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 28 (-2) persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 7 (=) na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES