O concello ultima a adxudicación das obras de asfaltado incluídas no remanente

O concello do Carballiño traballa nos últimos detalles para comezar a execución das obras incluídas dentro do remanente, cunha inversión que supera os 4 millóns de euros. Hoxe mesmo tivo lugar unha das últimas mesas de contratacións. O alcalde, Francisco Fumega, asegura que a súa execución será inminente, a comezos do mes de setembro.

Entre as obras que se prevén, este primeiro paquete inclúe o asfaltado e adecuación dun pouco máis de 40 vías públicas, actuando así en case a totalidade das parroquias do Carballiño. Entre elas destacan as actuacións na rúa Ourense, unha demanda que ven de meses atrás e respondendo ás necesidades plantexadas polos veciños.

AVANTAR ACTIVIDADES