Avión mantén cinco casos activos e Ribadavia dous contaxios

No Ribeiro, a comarca presenta un total de 14 contaxios. Avión segue á cabeza en infeccións activas por covid, con 5 casos activos, un menos ca onte e destacando o descenso desta fin de semana, que reduce a cifra á metade. Ribadavia presenta 2 casos activos, a mesma cifra ca onte e tamén cun descenso acusado nesta fin de semana. Castrelo de Miño mantén 4 casos activos e Beade presenta dous casos activos. Cortegada conta cun positivo dende fai unha semana. E Arnoia, Carballeda de Avia, Cenlle, Melón e Leiro están libres de covid.