Convocatoria de bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME)

Publicase hoxe no DOG a RESOLUCIÓN do 30 de agosto de 2021, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se resolve a convocatoria de bolsas de excelencia para a mocidade do exterior (BEME), co fin de cursar estudos de máster que se inicien no curso 2021/22 nunha universidade galega.

DOG Premer na Imaxe

AVANTAR ACTIVIDADES

A listaxe ten en conta as alegacións presentadas e a recepción dos xustificantes da matrícula dos alumnos nos diferentes mestrados das tres universidades galegas, establecéndose tamén unha quenda de persoas suplentes para cubrir posibles renuncias ou baixas

Arxentina, Venezuela, Uruguai, Brasil e Reino Unido son os países cun maior número de beneficiarios, dos que 81 cursarán os seus estudos na USC, 77 na Universidade de Vigo e 42 na UDC

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a concesión definitiva das 200 Bolsas de Excelencia Xuventude Exterior-Beme que permitirá a mozos e mozas do exterior cursas algún dos mestrados que ofertan as tres universidades galegas.

Trátase dun programa de axudas que ofrece a Secretaría Xeral da Emigración e que suma así a súa quinta edición, na procura de fomentar o retorno da xuventude galega no exterior.

A listaxe que se publica hoxe no DOG ten en conta as alegacións presentadas polos galegos do exterior que optaron a estas axudas, así como a recepción dos xustificantes da matrícula dos alumnos nos diferentes mestrados, establecéndose unha quenda de persoas suplentes para cubrir posibles renuncias ou baixas.

Os interesados en comprobar o listaxe poden facelo a través do enlace: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20210908/AnuncioG0595-300821-0002_gl.html

Entre os datos que se desprenden dos 200 beneficiarios atópanse que o maior número de beneficiarios proceden de Arxentina, Venezuela, Uruguai, Brasil e Reino Unido, dos que 81 cursarán os seus estudos na USC, 77 na Universidade de Vigo e 42 na UDC.

Cabe destacar tamén a idade dos beneficiarios das Beme, que este ano volve, como na edición anterior, a situarse nos 29 anos.