Nota de Espazo Común: “Fumega volta a exercer de enredante e esconde aos veciños información sobre a renovación do centro de saúde”

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Hai uns días, facía o enésimo anuncio en prensa sen convocar a Comisión Municipal, ignorando o que se acordou no Pleno.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O ofrecemento á Xunta de tres soares de particulares sen facilitar máis información, volta a desprender un nauseabundo cheiro a cacicada.

A dinámica do goberno totalitario de Francisco José Fumega, o máis opaco da historia desta

vila, lonxe de mudar, vai indo a peor co paso do tempo.

Namentres se anuncian a bombo e platillo e con todo luxo de detalles festexos diversos, cando toca falar de proxectos verdadeiramente importantes para o futuro do Carballiño, todo se convirte en titulares efectistas e baleiros de contido real e nunha aberrante ausencia de transparencia.

Nos pasados días, e despois de moitos desvaríos e perdas de tempo, asistimos ao anuncio de que o Concello ía remitir á Xunta de Galicia tres propostas de soares privados para a construcción dun novo Centro de Saúde, todos eles no entorno do actual. Así, sen máis datos.

Por unha banda, Fumega ignora por completo o acordo plenario tomado a proposta de Espazo Común de tomar este tipo de acordos nunha Comisión Municipal integrada por representantes de tódolos grupos. Esta decisión, baseouse na indiscutible idea de que este proxecto é esencial e vai moito máis alá do mandato dun goberno puntual e, polo tanto, debería levarse a termo buscando o maior consenso posible.

Unha vez máis, o señor rexedor dí amén cando o ven os veciños no pleno e vende a súa propia palabra por moito menos de 30 moedas cando lle interesa.

Dende o noso Grupo Municipal imos prantexar unha serie de preguntas que poderían ter sido formuladas nesa comisión pero que ante a súa ausencia, facemos públicas por este medio.

Por qué non informa Fumega de cales son eses soares?

Cecais non quere que trascenda o nome dalgún dos propietarios?

Por qué a única opción que contempla é o entorno do actual Centro de Saúde cando ao ser de nova construción poden barallarse alternativas?

Ten alguén do goberno un interese persoal en que se revalorice esa zona concreta?

Se non se convoca a Comisión Municipal, todas estas cuestións serán prantexadas na vindeira sesión plenaria e agardaremos que as respostas sexan, por unha vez, claras e transparentes.