O grupo socialista reivindica un “novo modelo residencial dentro dun novo modelo de coidados que reforce os recursos e evite a institucionalización das persoas maiores no máximo posible”
Marina Ortega reclama un “relato exhaustivo do sucedido nas residencias durante a pandemia” e denuncia o “escurantismo e falla de transparencia” da Xunta
A portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Marina Ortega, reclamou hoxe “un novo modelo residencial dentro dun novo modelo de coidados que reforce os recursos existentes co fin de evitar na medida do posible a institucionalización das persoas maiores”. Ortega presentou unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que dea conta das conclusións do Comité Asesor Sociosanitario que supostamente está a preparar un novo modelo de residencias.
A responsable socialista comezou cunha mensaxe de ánimo e solidariedade para a moza de Carballiño de 14 anos “que loita pola súa vida tras unha terrible agresión” e á súa familia. A continuación denunciou o “escurantismo e falla de transparencia” demostrado polo goberno galego, que non da conta do traballo deste organismo, do que “nin sequera existen datos claros de quen son os seus integrantes”.
Ortega reclamoulle á Xunta que elabore un novo modelo de residencias de maiores garantindo “transparencia, traballo, consenso e unidade cos expertos”, fronte á “auténtica masterclass en márketing e venda de fume” que leva impartido a Consellería de Política Territorial anunciando dende setembro de 2020 un novo modelo de residencias de maiores que nunca conclúen. Criticou que convertan “nun chiste” o que foi “un ano de titulares para vender unha moto que non existe”.
Denunciou o “alto secreto” vertido sobre o traballo do Comité que supostamente debera elaborar o dito modelo, así como da situación das residencias de maiores durante a pandemia, cando foron o epicentro do impacto inicial do coronavirus.
Ortega lembrou que a propia plataforma de familiares e residentes reclaman “un relato exhaustivo do que ten sucedido nas residencias durante a pandemia”, se ben ata o momento “atopar datos foi imposible incluso para os representantes lexítimos da cidadanía”, que son os deputados. O goberno galego, dixo, negouse a facilitar datos básicos coma son o número de contaxios por covid e falecementos por cada centro residencial.
Sinalou que “os poucos datos relevantes que coñecemos sobre as residencias en Galicia foron obtidos a través da publicación dun libro de investigación que revelou que Galicia só contaba con 7 inspectores para supervisar a totalidade de prazas de residencias en Galicia”. Foi a forma de saber, sinalou, que “somos a segunda comunidade autónoma con menos inspectores por habitante de toda España”.
Esta situación, dixo, súmase ao “demoledor” informe do Consello de Contas de 2017, que alertaba dunha caída abismal no número de inspeccións nas residencias de maiores dende o ano 2010. Apuntou que “fainos pensar que o goberno galego quere que esta situación pase inadvertida, vetando mesmo unha Comisión de Investigación” solicitada polos grupos da oposición ao comezo da Lexislatura.
Apuntou que o descenso no número de inspeccións coincidiu precisamente polo incremento das prazas privadas e concertadas polo modelo de privatización das residencias auspiciado polo goberno de Feijóo. Na última década, sinalou, “non crearon nin unha soa praza pública de xestión directa”, e que mesmo teñen paralizadas dende hai anos as 7 novas residencias doadas pola Fundación Amancio Ortega.
Marina Ortega contrapuxo o “desleixo” da Consellería de Política Social, que “está a agardar a que se faga o traballo solo”, coa iniciativa do goberno estatal, que está a traballar coas comunidades autónomas para marcar uns requisitos mínimos en todo o sistema residencial. Estes pasan polo deseño e equipamento das instalacións, con unidades de convivencia e quipos reducido de residentes, habitacións que respecten a intimidade, ou actividades e participación dignas.
Tamén permitirán as visitas dos familiares cando o desexen, así como a participación e usos dos espazos do usuario libremente, a diminución de restricións e sobremedicación e rexeitando a ubicación das residencias afastadas ou en entornos deshabitados.
Saúdos, Comunicación PSdeG-PSOE
Como se vai facer comisión investigación no Congreso cando competencias antes, durante e despois de pandemia están en Galicia, no goberno da Xunta de Galicia
Máster en facer que se fai
PP exemplo, experto márketing de venda de fume. Masterclass cosnellería Ptca Social neste tema.
Dende Setembro 2020, Xunta anuncia traballa novo modelo residencias de maiores,
Parece un chiste.
Un ano de fotos e titulares para vender unha moto que non existe
Un ano anunciando o que non existe
Goberno traballar por mínimos que en Galicia non se fixo.
Máis do 30% falecementos de total galegos/as. Atacar goberno central, botar balóns fora, en lugar de aproveitar presentar novas medidas
Método Feijóo, a culfa foi do chachacha
Escapar de crítica construtiva, pluralismo ideolóxico, escapan do debate tema tan sensible coma este.
Facer o vago en asuntos CCAA máis envellecida
Transparencia, traballo, consenso e unidade cos expertos