Manuel Baltar felicita a Alfonso Rueda pola súa reelección “para liderar unha nova etapa de xestión e traballo político”

IES CHAMOSO LAMAS

No 18º Congreso Provincial do PP de Pontevedra

 O candidato á relección da presidencia do Partido Popular de Ourense subliñou que “a unidade e o traballo en equipo constitúen a clave para conectar coa veciñanza, por iso co inicio dos congresos provinciais en Galicia podemos demostrar que seguimos activos, atentos ás demandas dos cidadáns e, sobre todo, preparados para pedirlles a súa confianza”

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

O candidato á relección da presidencia do Partido Popular de Ourense, Manuel Baltar, felicitou esta tarde a Alfonso Rueda tras renovar o seu cargo como presidente dos populares de Pontevedra, durante o 18º Congreso Provincial celebrado na sede de Afundación da capital do Lérez. Baltar fixo extensivos os seus parabéns ao equipo que acompañará a Rueda “para seguir sendo referentes e liderar unha nova etapa de xestión, traballo político e éxitos electorais”.

O candidato popular ourensán subliñou que “a unidade e o traballo en equipo constitúen a clave para conectar coa veciñanza, por iso co inicio dos congresos provinciais en Galicia podemos demostrar que seguimos activos, atentos ás demandas dos cidadáns e, sobre todo, preparados para pedirlles a súa confianza”.

Tras Pontevedra, mañá domingo será a quenda de Lugo e a próxima fin de semana dos congresos da Coruña e Ourense. “Desta volta, o congreso do día 26 no pavillón Paco Paz vai pechar en Galicia o proceso de renovación das nosas estruturas internas –dixo Baltar- o que nos fará máis fortes para afrontar unha vez máis un dos maiores retos que existen en política, que é gañar a nai de todas as eleccións, as municipais”.