O segundo roteiro de Emilia Pardo Bazán congrega a un gran número de persoas

O pasado sábado, dentro da programación das festas patronais do San Cibrao, programouse a xornada pola igualdade, cun roteiro de Emilia Pardo Bazán organizado polo concello e o Centro de Estudos Chamoso Lamas. Trátase da segunda ocasión na que se realiza este percorrido, pasando polos lugares máis emblemáticos mencionados na súa obra “O cisne de Vilamorta”. Falamos co presidente do Centro de Estudos, José Luis Sobrado sobre esta actividade.

Publicidade

Esta actividade congregou a un gran número de persoas interesadas no legado que quedou desta pioneira galega. Algúns dos participantes son principiantes e animáronse a faleca para coñecer máis sobre a autora e o seu vínculo ca vila e outros son xa veteranos e afeccionados á súa obra.