A familia da moza agredida no Carballiño convoca unha manifestación o día 30 en Ourense

O estado de saúde da menor agredida no Carballiño por un amigo porque “quería saber o que se sentía ó matar” avanza cara a estabilidade, aínda que con precaución. As últimas informacións apuntan a que a moza puido saír do coma no que estaba inducida e que xa presenta consciencia, dando certa esperanza á súa familia, que a puido visitar logo de máis dunha semana na UCI. As autoridades municipais mantéñense en constante comunicación ca familia para interesarse pola súa evolución.

Publicidade

O día 30 de setembro, o xoves da semana próxima, Ourense acollerá unha manifestación para pedir xustiza e unha reforma da Lei que deixa inimputables sucesos coma este. A familia conseguiu o permiso para a súa celebración, que será ás 19:30 horas fronte á subdelegación do goberno en Ourense.