Este Sábado 25 de Setembro De Ste Xeito presentará a súa nova comedia violeta Feminíssimas

Este Sábado 25 de Setembro De Ste Xeito presentará a súa nova comedia violeta FEMINÍSSIMAS no Multiúsos de Arcade do Concello de Soutomaior. Unha comedia protagonizada por tres amigas, na que o feminismo, a amizade e o humor forman un trío moi especial. Unha peza para reflexionar sobre a amizade e a súa complexa relación coa ideoloxía.

DATOS DO EVENTO:
– A cita será O Sábado 25 de Setembro ás 21:30 horas.
– Entrada gratuita por orden de chegada.
– Aforo limitado según normativa vixente. Recoméndase acudir con antelación suficiente para evitar aglomeracións. Público +12anos.
 É obrigatorio o uso de máscara e xel hidroalcólico para a entrada ao espectáculo.