Marina Ortega considera “intolerable” unha espera de máis de un ano para a cita co especialista en Traumatoloxía

IES CHAMOSO LAMAS

A parlamentaria socialista Marina Ortega vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que reforce con urxencia os recursos do servizo de Traumatoloxía, no Hospital de Ourense, para eliminar unhas listas de espera “intolerables e insoportables”. Ortega sinala que os usuarios deste servizo teñen que agardar máis dun ano para a cita co especialista traumatólogo.

Estas demoras afectan “incluso a casuísticas urxentes, como por exemplo o caso dunha paciente de 90 anos derivada do Hospital Comarcal de Valdeorras cunha escaiola pola rotura do radio, que ten que ser revisada cada mes por recomendación do facultativo”. Sen embargo, alerta de que “o Sergas outorga dita cita co traumatólogo para finais do ano seguinte, 2022”.

HIPER MASIDE

Ortega esíxelle á Xunta que poña este problema “no centro da xestión para darlle unha solución efectiva canto antes”, por canto Ourense é unha das provincias máis envellecidas do país, e polo tanto con maior poboación susceptible de ser usuaria de traumatoloxía. A parlamentaria ourensá reclama “unha maior planificación e coordinación na xestión dos recursos, así como o incremento dos recursos humanos e materiais”.