Próximas actividades da Fundación Vicente Risco

Á presentación que tivo lugar hoxe ás 11 no Liceo Recreo Ourensano asitiron Celia Pereira Porto, presidenta da fundación, Xosé Rodríguez, secretario, e o autor do novo logotipo e imaxe da Fundación Vicente Risco, Antón Lezcano.


Como indicou o autor a nova imaxe realizouna para destacar a figura de Vicente Risco, creando un tipo de letra baseada na tipografía de Nós e utilizando as cores azul de Galiza e gris cobrizo. Unha marca que idenfique a Vicente Risco e a fundación que leva o seu nome baseándose nos grafimos e estética do mundo hindú para engadirlle un aire oriental que nos evoca dúas das constantes do noso autor ao longo da súa vida: o amor á súa terra e o interese e diálogo con todo o que acontecía fóra dela. 

AVANTAR ACTIVIDADES


Tamén interviñeron a presidenta e o secretario da fundación para dar a coñecer as actividades que levaremos a cabo nos vindeiros meses.