Andaina cultural: “Camiño de Nós-Insua dos Poetas”


A Fundación Insua dos Poetas e a Asociación de Concellos do Camiño de Nós organizaron
esta andaina, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta
de Galicia e da Deputación de Ourense, para poñer en valor a cultura tradicional dos
camiños. Neste caso, unha vía histórica con orixes na romanización que foi durante
séculos importante comunicación entre a comarca do Ribeiro e Santiago de Compostela.

VIDEO

AVANTAR ACTIVIDADES


A ruta coincide co Camiño dos Arrieiros e figura na carta xeométrica de Galicia, realizada
por Domingos Fontán en 1845. Foi o camiño que escolleron, en xullo 1926 (Ano Santo)
os galeguistas: Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo, Florentino L. Cuevillas, Xavier
Pardo, Afonso V. Monxardín, Lois Feixóo e Antón Sánchez para peregrinar a pé dende
Ourense a Compostela.


Trátase dunha rememoración cultural na que participan xinetes a cabalo, carreteiros,
arrieiros, músicos tradicionais e camiñantes en xeral. É unha achega á historia e ao
patrimonio cultural e natural da nosa comarca, aberta ás persoas e colectivos
interesados.