O concello de San Amaro celebra hoxe pleno ordinario con tensión política

IES CHAMOSO LAMAS

O PP de San Amaro iniciou contactos para estudar se a presentación dunha moción de censura no concello é viable, despois das discrepancias entre o PSOE e Xuntos por San Amaro, que gobernan en coalición. Os problemas entre estes dous grupos fixéronse latentes no momento no que debería producir a substitución na alcaldía, compartida entre o PSOE e Xuntos por San Amaro. Ademais, nos últimos días, a número dous de Xuntos por San Amaro, Sonia Ordóñez, pasaba a ser concelleira non adscrita ó amosar desavenencias co seu grupo.

Mentres a situación no equipo de goberno se presenta inestable, hoxe celébrase sesión plenaria no concello. Ademais, o PP amosou xa a súa preocupación por esta situación. O próximo luns, os populares reuniranse no concello para estudar unha posible moción de censura, e a decisión será trasladada á dirección provincial.

OZOCOgz Deseño Galego