O ano hidrolóxico 2020-21 deixa na Demarcación do Miño – Sil precipitacións similares á media histórica

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, fai balance do ano hidrolóxico 2020-2021 no que, mensualmente, poden destacarse os meses de febreiro e xuño como “moi húmidos”, decembro e xaneiro como “húmidos”, novembro e agosto como “secos” e marzo e xullo como “moi secos”.
Nivel precipitacións
No ano hidrolóxico 2020/21 recentemente concluído, comezado o 01 de outubro de 2020
e terminado o 30 de setembro de 2021, a precipitación acumulada media
na Demarcación Miño-Sil foi de 1.161,6 l/ m2, practicamente igual á
media histórica, 1.156,3 l/ m2, categorizándose o ano 2020/21 como “normal”.
No ano hidrolóxico anterior, 2019/20, rexistrouse unha precipitación de 1.266,6
l/ m2, un 10 % por encima da media histórica e un 9 % por encima da do ano
2020/21.
Analizando estes resultados en cada un dos sistemas de explotación da
Demarcación, o ano hidrolóxico 2020/21 se categoriza como “moi húmido” no
sistema Limia, “húmido” o sistema Miño Baixo, “seco” o sistema Sil Inferior e
“moi seco” o sistema Sil Superior; o ano foi “normal” no resto de sistemas,
Miño Alto e Cabe.
Encoros
En relación cos encoros da Demarcación, pecharon o ano hidrolóxico ao
43,75 % da súa capacidade máxima, un 0,33 % menos que a semana anterior.
Este volume é un 11,08 % menor que a cantidade de auga embalsada hai un
ano, 54,83 %, e un 13,09 % menor que a enchida media histórica nestas
datas do ano, 56,84 %.

No relativo aos caudais circulantes ao peche do ano hidrolóxico no mes de setembro
atópase de media un 23,6 % por encima da media histórica.
Analizando a achega acumulada anual na Demarcación, tomando como
referencia a achega rexistrada no punto de peche de cada sistema de explotación,
o ano hidrolóxico 2020/21 pode categorizarse como “húmido” en todos
os sistemas da Demarcación a excepción do sistema Limia,
categorizado como “normal”.

AVANTAR ACTIVIDADES