O concello fomentará a adquisición de inmobles do casco histórico de Ribadavia pola Xunta

A Xunta de Galicia lanza unha nova oferta pública para a adquisición de inmobles do programa Rexurbe para as tres áreas galegas, unha en Ribadavia. Con este plan, a Consellería de Medio Ambiente e Vivenda pretende adquirir mobles, rehabilitalos e habilitar vivendas públicas. Ribadavia percibirá 250.000 euros dentro desta convocatoria.

Un dos criterios que se terá en conta para a adquisición é o interese da área na que se atopen, dando prioridade ós edificios que teñan maior valor arquitectónico ou a rexeneración medioambiental da zona na que se atopen.

AVANTAR ACTIVIDADES

Desde o Concello realizarán unha campaña de publicidade e difusión para que persoas propietarias no casco histórico se mostren interesadas, exercendo desde o Concello de intermediación e facilitación para que a Xunta consiga adquirir inmobles na zona monumental. O papel do Concello debe ser importante neste procedemento, pois en exercicios anteriores a Xunta só conseguiu mercar un único inmoble, que se atopa aínda coa redacción do proxecto, e recentemente a Xunta adquiriu dous inmobles máis.

En dous anos a Xunta en Ribadavia só conseguiu adquirir unha vivenda, na rúa Cervatntes, actualmente aínda en fase de redacción do proxecto arquitectónico. Ademais, desde a Xunta estase intentando adquirir dúas máis, polo que nestes anos nunca se conseguíu adquirir as vivendas suficientes para gastar toda a partida da Xunta foi aprobando para este fin en Ribadavia, perdendose diñeiro e capacidade de dinamizar e mellorar o casco histórico. Contrasta por exemplo, co municipio de Mondoñedo, no cal a Xunta logrou adquirir 17 inmobles nestes anos.

O Concello está traballando na aplicación da disciplina urbanística e na aplicación da lei do solo e urbanismo de Galicia. O obxectivo é que todos os inmobles que se atopen en mal estado de conservación,  cumpran a lei e a normativa urbanística, do contrario procederemos a abrir expediente sancionador.