Sanidade vacinará con autocita a 55.000 galegos aínda sen vacinar esta semana

Sanidade abriu a autocita para todas as persoas que, por diferentes motivos, non estaban vacinadas, tanto a través da páxina web como da aplicación Sergas Móvil. As primeiras franxas dispoñibles serán para mozos de entre 12 e 19 anos, con 25.000 citas entre hoxe luns e mañá martes. O venres vacinarase a poboación maior de 20 anos. Nos próximos días, ampliarase a idade dos vacinados, cun total de 55.000 citas dispoñibles para esta semana.

Salvo a cidade de Ourense, os grandes grupos de poboación da provincia están por debaixo do 80% de habitantes vacinados. A cifra máis baixa é a do Carballiño, onde se rexistran o 75,95% de veciños ca pauta completa.

AVANTAR ACTIVIDADES

Ata o día de hoxe, a Xunta de Galicia emitiu un total de 1.649.118 certificados de vacinación a través de calquera das canles dispoñibles.