Ribeiro en Común pide ó goberno que non empregue a institución con usos partidistas

Para Ribeiro en Común o goberno e a alcaldía do Concello deben estar a altura da institución e representala remarcando que non é aceptable o sectarismo partidista que afirman que se puído ver onte en Vigo, onde o Partido Popular utilizou institucións para confrontar co goberno do Estado e a Federación Española de Municipios e Provincias.

Publicidade

Segundo afirma a formación, a Alcaldía debería estar buscando colaboración e cooperación co goberno do Estado e coa FEMP e non participar de confrontacións partidistas que afirman que só obedecen a unha estratexia ultra de Pablo Casado.

Para o seu portavoz, Brais Fidalgo, Ribadavia necesita investimentos para mellorar a súa situación. Fidalgo resalta a problemática de non obter financiación para investimentos reais e tanxibles da Xunta asegura que é un feito grave. Ademáis, califica de inadmisible que se dedique a confrontar co goberno do Estado por intereses de partido, reseñando que nesta foto asiste como alcalde, representando a toda a institución municipal de Ribadavia.

Dende Ribeiro en Común esixenlle ó alcalde que se comporte como representante de todos os ribadavienses e non como o que definen coma un político submiso aos intereses de Baltar e do Partido Popular de Pablo Casado.