Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño conta hoxe con 2 (-3) contaxiados. A capitalidade da comarca rexistra 1 caso activo. Punxín, o outro concello con contaxios, presenta un so caso activo. Maside, que onte rexistraba dous contaxios, hoxe queda libre de covid.Os demais concellos están libres de covid.
No Ribeiro, a comarca rexistra 8 casos activos. Tres casos correspóndense ca súa capital, Ribadavia. E outros 2 de Melón, que presenta esta fin de semana o descenso máis acusado, pasando de 6 a dous contaxios. Leiro mantén dous casos. E Avión presenta hoxe un caso activo. Todos os demais concellos están libres de covid.