Moción urxente de Espazo Común sobre a seca da emblemática Fonte do Bañiño en Arcos

                                                    EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

Xa hai un tempo que vimos recibindo queixas de veciños de Arcos e de moitos usuarios habituais polo abandono da emblemática Fonte do Bañiño. Históricamente, un dos referentes termais do Carballiño.

AVANTAR ACTIVIDADES

Semella que agora tamén convertida nun triste referente da situación do termalismo na nosa vila, onde máis alá dalgunha iniciativa privada, levamos moitos anos perdidos sen potenciar un eido que foi e podería seguir sendo unha importante fonte de ingresos para a economía local.

No caso concreto da mencionada Fonte do Bañiño, a falla de mantemento dun entorno que foi arranxado hai xa anos polo propio Concello, deixa ver un aspecto de desidia e abandono que non son permisibles.

Pero a pinga que colmou o vaso, sirva a expresión, foi a paulatina desaparición do fluxo de auga. As imaxes dun caño apenas deixando entrever un mínimo fío de auga e incluso completamente seco, deberan ter producido unha reacción inmediata do goberno municipal.

Sen embargo, o único que soupemos foi das declaracións do alcalde Fumega nun medio de comunicación, achacando o problema aos problemas de caudal do río Arenteiro. Ese mesmo caudal que hai só uns meses, cando se debateu o acordo da xestión da auga con Maside, xurou e perxurou que era abondo e que non supuña un problema.

E xa.

A culpa é do tempo, da natureza, dunha empresa, dun técnico… Calquer excusa menos asumir responsabilidades e arranxar os problemas que preocupan aos cidadáns.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                                         SOLICITAMOS

  1. Que o Concello do Carballiño acometa de xeito inmediato a reparación da Fonte do Bañiño, garantindo o seu caudal de auga e o arranxo do seu entorno.