Segundo a última actualización do Sergas sobre os casos activos por covid, a comarca do Carballiño conta hoxe con 1 (-1) contaxiados. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, queda hoxe libre de covid, por primeira vez dende o verán de 2020. Punxín mantén un caso activo. Os demais concellos están libres de covid.
No Ribeiro, a comarca rexistra 9 (=) casos activos. Catro casos correspóndense ca súa capital, Ribadavia, que conta cun mais ca onte. O concello de Melón presenta dous casos, igual co concello de Leiro. E Avión presenta hoxe un caso activo. Cortegada, que tiña un caso activo, queda libre de covid. Todos os demais concellos están libres de covid.