Galicia rexistra 33 contaxios novos nas últimas 24 horas

A comunidade galega rexistra hoxe 33 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 589, 30 casos menos ca onte. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un ascenso leve. Do total de pacientes positivos en Galicia, 10 (=)  están en UCI e 32 (+4) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras  rexistra hoxe 5 contaxios novos e restando as altas, os casos totais chegan ata os 111 casos activos, un menos nesta xornada. Temos unicamente 2 persoas ingresadas con covid na provincia. Os hospitais hoxe presentan 1 (=)  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 1 (=)  na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES