Publicada no DOG a resolución de autorización de aproveitamento das augas termais do Bañiño en Punxín

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

ANUNCIO do 22 de xuño de 2021, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se dá publicidade da resolución de autorización de aproveitamento lúdico das augas termais procedentes da sondaxe O Bañiño 94 no espazo termal de uso lúdico do Bañiño, no termo municipal de Punxín, provincia de Ourense.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

A Xefatura Territorial de Ourense da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación fai público que a directora xeral de Planificación Enerxética e
Recursos Naturais, por delegación de competencias do vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, asinou o 3 de xuño a resolución de autorización de aproveitamento lúdico das augas termais no Espazo termal de uso lúdico do Bañiño cos seguintes datos:
Solicitante: Concello de Punxín.
Nome da sondaxe: O Bañiño 94.
Sección: B.
Recurso: augas termais.
Coordenadas: UTM (ETRS 89) fuso 29: X: 582.578,62 e Y: 4.691.355,38.
Termo municipal: Punxín (no lugar das Quintas).
O que se fai publico de conformidade co disposto no artigo 10 da Lei 8/2019, do 23 de
decembro, de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia.
En cumprimento das obrigas de publicidade recollidas no artigo 29 da Lei 1/2016, do
18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, esta resolución poderá examinarse no portal da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación:
https://ceei.xunta,gal/transparencia/informacion-publica/autorizacions-administrativas/
instalacions-mineiras