O concello de Ribadavia aprobou 31 solicitudes para axuda de material escolar

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

No inicio deste curso 2021 resolvéronse favorablemente 31 solicitudes para axudas de material escolar, superando amplamente o número medio anual dos últimos 2 anos que foi de só 7 solicitudes.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O Concello de Ribadavia convocou noCurso escolar 2021/22 para nenos e nenas de educación infantil (3 a 6 anos), unha axuda para a compra de material escolar. Este ano 2021estableceuse un novo formato co obxetivo de chegar a un maior número de familias e nenos/as. Aquí reside a causa do incremento de beneficiarios desta axuda. Así, este ano 2021 o número de solicitudes foi de 31, superando amplamente o número medio anual dos últimos 2 anos que foi de 7 solicitudes.

O baremo e cuantías está baseado nas necesidades de axudas de material escolar e material didáctico solicitado polos/as profesores/as de Educación Infantil para o curso 2020/21, quedando da seguinte forma: o 50% do custe do material previsto para este curso para todos os nenos e nenas de Infantil, e do 100% para aqueles nenos e nenas que pertenzan á unha unidade familiar con ingresos inferiores ó 3 do IPREM 1.695€/mes).

Opción 1 (3 anos A):

A cuantía é de 20€ para a totalidade dos solicitantes.

A cuantía é de 40€ ás unidades familiares con ingresos inferiores ó 3 do IPREM 1.695€/mes).

Opción 2 (4 anos A e B):

A cuantía será de 20€ para a totalidade dos solicitantes.

A cuantía será de 40€ ás unidades familiares con ingresos inferiores ó 3 do IPREM 1.695€/mes)

Opción 3 (5 anos A):

A cuantía será de 50€ para a totalidades dos solicitantes.

A cuantía será de 100€(unidades familiares con ingresos inferiores ó 3 do IPREM 1.695€/mes)

Opción 4 (3 a 5 anos):

A través de convenio bilateral co CRA Amencer para este curso 2021/22.

O prazo de presentación das solicitudes foi do 17 de setembro ao 8 outubro de 2021.

O Concello de Ribadavia aposta por este tipo de axuda utilizando recursos propios para poder financiar o material escolar destes nenos e nenas, xa que a administración educativa non ten establecidas axudas e/ou becas para educación infantil (3 a 6 anos).

Así mesmo, sinalar que unha parte desta axuda foi tamén para a compra en librarías do Concello de Ribadavia, o que supón unha pequena forma de colaborar no fomento do consumo no comercio local.