Presentación do libro ” Lembranzas do meu vivir I” na sede da Fundación Vicente Risco

Publicidade ASPADISI

O próximo sábado, 16 de outubro, ás 12,30 horas na sede da Fundación Vicente Risco presentaremos o libro “LEMBRANZAS DO MEU VIVIR I. O meu século XIX. Os tempos do instituto. Ourense, 1898-1904. Ramón Otero Pedrayo”.Acolle: Celia Pereira Porto, presidenta da FVR.Interveñen: Patricia Arias Chachero e Teresa García-Sabell Tormo, autoras da introdución, a edición e as notas.
En 1962, xubilado xa como profesor de Xeografía da Universidade de Santiago de Compostela, Otero Pedrayo comeza a escribir en Trasalba as súas memorias. O Patriarca das Letras Galegas, con 74 anos cumpridos, evoca con detalle a súa infancia e as súas orixes familiares. Polas páxinas de Lembranzas do meu vivir I  desfilan os xogos infantís co seu veciño Vicente Risco, os compañeiros de estudos no instituto ou os primeiros viaxes fóra de Ourense.O escritor, constrúe, coa habilidade que o caracterizaba, un texto fundamental para achegarse a súa biografía. Un texto que demostra a importancia do biográfico na súa obra narrativa e ensaística.As editoras do volume, Patricia Arias Chachero e Teresa García-Sabell, anotan a pé de páxina a relación entre os sucesos narrados e as páxinas literarias. Demostrando que os personaxes de textos fundamentais das nosas letras como “Os camiños da vida” ou “Arredor de si” están, en boa medida, inspirados en persoas e sucesos reais.