Galicia baixa do medio milleiro de casos activos da covid-19

A comunidade galega rexistra hoxe 21 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 431, 40 casos menos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 9 (+2)  están en UCI e 27 (-4) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de rexistra 2 contaxios novos nas últimas 24 horas e restando as altas, os casos totais chegan ata os 52 casos activos, unha vintena menos esta fin de semana. Os hospitais hoxe presentan 2 (=)  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=)  na UCI.

AVANTAR ACTIVIDADES