Un ano máis, volve o Arenteiro Fotográfico, da man da asociación O’Potiños. Este evento está composto por 22 exposicións no Carballiño ó longo de dous meses, charlas, cursos e coloquios, que farán a esta vila un referente unha vez máis no eido fotográfico galego.
Este sábado tivo lugar a inauguración na Casa da Cultura do Carballiño. O acto contou ca entrega de premios dos dous concursos fotográficos feitos nos últimos meses, tanto o de temática libre coma o do Carballiño, as súas xentes e o seu comercio. Ese dia contamos tamén ca presenza de Brais Lorenzo, fotógrafo ourensán premiado polo seu traballo “Tempos de Pandemia”, que tamén se poderá ver no Arenteiro Fotográfico.
Brais Lorenzo agradeceu e puxo en valor o traballo feito pola asociación O’Potiños, conseguindo manter en auxe o mundo da fotografía e buscando implicar a cada vez máis xente na que é a súa profesión.