As previsións de choiva trasladan “Flores de cine” á semana próxima

IES CHAMOSO LAMAS

Debido ás previsións meteorolóxicas algo desfavorable, “Flores de cine”, prevista para esta semana, retrásase para a semana que ven, nas datas de 13, 14, e 15 de xullo e todas elas comezarán ás 22:30 horas. Esta edición as proxeccións as realizaranse na rúa Travesía Mirto, cun aforo de 50 persoas. O programa deste ano céntrase coma sempre en cine clásico, neste caso tres comedias: El maquinista de la general (1926), de Buster Keaton; La pequeña tienda de los horrores (1960), de Roger Corman; e Uno,dos, tres (1961), de Billy Wilder.