O Carballiño mantén dous casos activos. Ourense non rexistra ningún caso nas últimas 24 horas

A comunidade galega rexistra hoxe 23 contaxios, un ritmo de novos positivos que se mantén estable. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 432, un caso máis nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 9 (=)  están en UCI e 25 (-2) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe non rexistra ningún contaxio e restando as altas, os casos totais chegan ata os 49 casos activos, tres menos nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 2 (=)  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=)  na UCI. A comarca do Carballiño conta hoxe con 3 (=) contaxiados únicamente. A capitalidade da comarca, o concello do Carballiño, mantén os dous casos activos rexistrados a pasada semana. E Boborás conta cun caso activo, que se mantén de onte.

AVANTAR ACTIVIDADES