Galicia segue ca tendencia á baixa, e Ourense mantén as UCIs valeiras

A comunidade galega rexistra hoxe 28 contaxios, un ritmo de novos positivos que descendo con respecto a onte. O número de casos activos de coronavirus en Galicia a día de hoxe é de 421, 17 menos nesta xornada. A ocupación das camas dos hospitais por enfermos covid presenta un equilibrio. Do total de pacientes positivos en Galicia, 8 (=)  están en UCI e 21 (-2) en unidades de hospitalización.

A Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras hoxe rexistra tres contaxios novos e restando as altas, os casos totais chegan ata os 37 casos activos, sete menos nesta xornada. Os hospitais hoxe presentan 2 (=)  persoas hospitalizadas en planta nos tres hospitais da provincia; e 0 (=)  na UCI.