De Ste Xeito coa súa nova comedia violeta Feminíssimas

Desde De Ste Xeito Producións temos o inmenso pracer de anunciarvos que esta fin de semana teremos a oportunidade de representar a nosa recente comedia violeta FEMINÍSSIMAS nos Concellos de Baiona, Muros e Mos. Tres citas que complementará parte da nosa longa e intensa xira de outono deste ano, chegando á friorenta cantidade de trece actuacións no próximo mes de Novembro por toda Galicia. Seguiremos informando.


# Venres 22 de Outubro, ás 21h no Auditorio V Centenario do Concello de Baiona. Aforo limitado e entrada gratuita.

# Sábado 23 de Outubro, ás 21h no Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil do Concello de Muros. Aforo limitado e entrada gratuita.

Publicidade Premer na Imaxe

# Domingo 24 de Outubro, ás 19h no Auditorio do Centro Dotacional e Recreativo de Torroso do Concello de Mos. (programa Tornar Ás Táboas) Aforo limitado e entrada gratuita.