Sofía e Mateo son os nomes máis frecuentes das nenas e nenos que nacen en Galicia

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O IGE publica hoxe a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos’ correspondente ao ano 2020

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Os nomes máis empregados para as nenas seguen a ser -ao igual que en 2019- ‘Sofía’ e ‘Noa’, seguidos de ‘Martina’ e ‘Lara’,

En canto aos masculinos, destacan ‘Mateo, ‘Martín’, ‘Lucas’ e ‘Hugo’

O Instituto Galego de Estatística (IGE) publicou hoxe a ‘Estatística de nomes dos neonatos galegos’ correspondente ao ano 2020, que reflicte que ‘Sofía’ e ‘Mateo’ seguen a ser os nomes máis frecuentes das nenas e nenos nados en Galicia.

Os nomes de mulleres máis comúns son ‘Sofía’, ‘Noa’, ‘Martina’, ‘Lara’ e ‘Valeria’. Se se comparan co 2019, os catro primeiros continúan na mesma posición, mentres que ‘Valeria’ pasa do posto número sete (2019) ao número cinco (2020), que intercambia con ‘Lucía’.

En canto aos nomes masculinos, a estatística mostra que os cinco máis frecuentes son ‘Mateo’, ‘Martín’, ‘Lucas’, ‘Hugo’ e ‘Leo’. A comparativa co ano 2019 reflicte que estes eran tamén os nomes preferentes nese ano, coa diferencia de que ‘Lucas’ estaba no segundo lugar e ‘Martín’ no terceiro e no 2020 houbo un intercambio de posicións.

Por outra banda, se se amplía a mostra e se teñen en conta os 20 primeiros nomes, pódese ver como entre 2019 e 2020, no caso dos nenos, todos os nomes se manteñen na lista, agás ‘Roi’ e ‘Alejandro’, que dan paso no 2020 a ‘Xoel’ e ‘Mario’.

En canto ás nenas, no 2020 incorpóranse ‘Mía’ e ‘Alma’ e desaparecen do listado dos 20 primeiros ‘Alba’ e ‘Emma’. Hai que destacar que, na actualidade, medra a tendencia a empregar nomes galegos tanto para as nenas (‘Antía’, ‘Uxía’ ou ‘Sabela’) como para os nenos (‘Brais’, ‘Antón’ ou ‘Iago’).

Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación


O IGE tamén dispón da ‘Estatística sobre os nomes máis frecuentes da poboación’ a través da cal se pode coñecer a evolución histórica dos nomes en función da comarca, o xénero ou a década (desde antes de 1930 ata a década actual).

Esta estatística ofrece información relativa aos nomes da poboación que ten fixada a súa residencia na Comunidade Autónoma de Galicia, e permite tamén coñecer a distribución comarcal de calquera nome. Pódese consultar no seguinte enlace:
http://www.ige.eu/web/mostrar_actividade_estatistica.jsp?idioma=gl&codigo=0201006

NOMES MÁIS FRECUENTES EN 2019 E 2020

 20192020 20192020
1MateoMateo1SofíaSofía
2LucasMartín2NoaNoa
3MartínLucas3MartinaMartina
4HugoHugo4LaraLara
5LeoLeo5LucíaValeria
6GaelGael6SaraDaniela
7EnzoEnzo7ValeriaLucía
8ManuelManuel8AlbaVega
9DanielDaniel9DanielaSara
10PabloBrais10ValentinaVera
11MarcoIago11LíaLía
12IzanAnxo12VeraMía
13BraisAntón13CarlaCarmen
14AdriánMarco14OliviaJulia
15RoiPablo15VegaAlma
16AntónXoel16CarmenValentina
17AlejandroAlex17EmmaOlivia
18IagoIzan18JuliaCarla
19AlexMario19UxíaSabela
20AnxoAdrián20SabelaUxía