Gonzalo Caballero reivindica en Ourense o seu compromiso coa igualdade e anuncia a creación dunha escola de feminismo no Psdeg

IES CHAMOSO LAMAS

Apela a “un voto masivo e en conciencia” o vindeiro sábado e proclama que “a forza da militancia é imparable”

“Os e as socialistas estamos fronte ás políticas de Feijóo e Baltar sen medias tintas”, subliña Gonzalo Caballero en Ourense

O CAMPO DA FEIRA NON SE PECHA

Gonzalo Caballero participa hoxe nun encontro coa militancia socialista de Ourense dentro da súa campaña de cara ás primarias do PSdeG; un acto no que presentou o seu proxecto para os vindeiros catro anos.

Unha quincena de alcaldesas e alcaldes asistiron o acto, entre eles os de Carballiño, Ribadavia, Castro Caldelas ou Barbadás

Dende alí, reivindicou o seu compromiso coa “igualdade real entre homes e mulleres”, unha das sinais de identidade do seu proxecto, que se caracteriza pola defensa “do galeguismo, do ecoloxismo e do feminismo” e por manter “unha clara orientación de esquerdas” e “un claro compromiso ético e de exemplaridade pública”.

Neste senso, Gonzalo Caballero anunciou a creación dunha escola de feminismo no PSdeG, como un espazo para reflexionar e contribuír á sensibilización e á formación en relación coa igualdade de homes e mulleres.

“Temos que seguir afondando na defensa do feminismo como un piar básico da democracia. Porque non avanzaremos como sociedade se a metade da poboación non ocupa o lugar que merece”, defendeu o socialista.

“COA FORZA DA MILITANCIA”

“Coa forza da militancia, xuntos e xuntas impulsaremos un PSdeG forte, de esquerdas, galeguista, feminista e ecoloxista que sexa a alternativa gañadora ao PP en Galicia”, subliñou Gonzalo Caballero.

Por iso, apelou a “un voto masivo e en conciencia” da militancia socialista. “Coa forza da militancia, o PSdeG é imparable”, concluíu, para deixar claro en Ourense que “os e as socialistas estamos fronte ás políticas de Feijóo e Baltar sen medias tintas”