A alcaldesa de Ribadavia pide melloras para infraestruturas deportivas

A Alcaldesa do concello de Ribadavia, Noelia Rodríguez,e o Concelleiro de Deportes, Enrique Rodríguez, mantiveron hoxe un encontro co Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa en Ourense.

A alcaldesa trasladoulle o estado de varias infraestruturas deportivas que son moi importantes para Ribadavia e tamén para a comarca do Ribeiro, e que debido a súa idade ( preto de 40 anos de uso) deben ser melloradas.

O Concello salientou neste primeiro encontro a necesidade de mellora do Pavillón do Consello e aproveitou a reunión para entregarlle á Secretaría Xeral para o Deporte un Proxecto de Reforma integral do Pavillón realizado polos técnicos municipais. O Pavillón do Consello é unha infraestrutura deportiva fundamental en Ribadavia e o Ribeiro, alberga infinidade de actividades deportivas de todo tipo, tanto de competición e federadas como o servizo de ximnasio e sauna. Unha importante actividade de categorías base e deporte feminino. É a sede de clubes importantes e polo tanto é un escaparate tamén de Ribadavia, por iso desde o Concello consideran que é debe atoparse nas mellores condicións posibles.

Publicidade Premer na Imaxe

Para este pavillón piden a mellora da cancha e unha rede de tubaxe, xa que aínda conta ca primeira dende a súa posta en marcha no ano 1987.

Desde o Concello realizouse xa unha Memoria Valorada da actuación a realizar en todo o sistema, cun orzamento de máis de 47.200 euros. O Concello plantexa un arranxo en dúas fases. A primeira sería para a reforma da sala de caldeiras, que ascende a máis de 22 mil euros, e a segunda sería de máis de 25 mil euros, para a substitución do circuíto de distribución de auga quente.

A alcaldesa tamén lle trasladou a situación do Campo do Xestal. Por unha banda, compartiuse información sobre a situación e mal estado do terreo de xogo, cuestión orixinada desde a súa inauguración, e por outra banda, pediuse a colaboración da Secretaría Xeral para o Deporte para levar a cabo a substitución da cuberta do graderío do Xestal.

Outros dos proxectos abordados na xuntanza foi a posibilidade de crear unha instalación nautica para deporte fluvial en San Paio Ventosela, ademais de abordar a situación actual da Piscina Municipal da Veronza, así como as pistas de tenis, nas cales se presentou a proposta de crear unhas novas pistas de padel compatibles coas mesmas.

Desde o Concello queremos agradecer a boa acollida de José Ramón Lete e o seu compromiso para colaborar con Ribadavia na mellora das nosas instalacións deportivas. A alcaldesa de Ribadavia asegurou que a reunión foi “moi fructífera” e que saiu con moi boas sensacións par aunha posible colaboración futura.