O Cine Club proxecta este venres o filme finlandés “Compartimento nº6”

IES CHAMOSO LAMAS

Este venres día 20 de maio o Cine Club proxecta o filme gañador da pasada edición do Festival de Cannes, a finlandesa “Compartimento nº 6”, dirixida por Juho Kuosmanen. A película relata o encontro fortuito nun tren entre unha universitaria finesa e un mineiro ruso. Conta con dúas excelentes interpretacións (Seidi Haarla e Yuri Borisov) e cunha magnífica dirección de personaxes, que lle valeron numerosos recoñecementos a nivel internacional e o favor do público. 

Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán, e ás 22.30 en vos, coma sempre no Auditorio Manuel Maria do Carballiño. 

HIPER MASIDE