O Psoe denuncia no parlamento a demora de un ano para retirarlle a escaiola a unha ourensá de 90 anos

IES CHAMOSO LAMAS

 A parlamentaria socialista Marina Ortega levou á Comisión de Sanidade o caso da paciente ourensá de 90 anos que, cunha escaiola no prazo e a petición do médico de retirala en 15 días, obtivo cita en Traumatoloxía para decembro de 2022, un ano despois. Ortega sinalou que este caso, rexistrado no Hospital Comarcal de Valdeorras, é sintomático da sanidade ourensá.

Ortega esixiulle ao Sergas que “fagan diagnose do asunto e ver de subsanar” a situación, dende logo virando unhas políticas de recorte e privatización que “estannos a levar á involución”, para evitar que se sigan a repetir estas “demoras inaceptables”. Así o dixo no debate en Comisión parlamentaria dunha pregunta oral na que alertou da situación insostible do Servizo de Traumatoloxía do Hospital de Ourense, con esperas “inaceptables” para unha sanidade de calidade.

HIPER MASIDE

Reclamou “blindar á sanidade pública e ás persoas independentemente do lugar no que residan”, e instou á Xunta a aproveitar os fondos comunitarios e a maior oferta de MIR da historia aberta polo goberno de Sánchez.

Denunciou que o goberno de Feijóo “pretende entre outras cousas introducir robots nas residencias de maiores, substituíndo a calor humana dunha auxiliar, ou que sexa un administrativo quen decida se a doenza é atendida por un médico presencial ou non, así como por unha enfermeira, un fisioterapeuta, un odontólogo ou unha enfermeira”.

Valdeorras

A responsable socialista reclamoulle ademais ao conselleiro que responda das peticións de reunión que lle ten trasladado reiteradamente a Xunta de Persoal do Hospital de Valdeorras, e reclamoulle que explique por que non ten aproveitado a recente visita ao centro hospitalario, na que esquivou aos representantes do persoal.

Lembrou que o persoal sanitario daquel centro vén de solicitar reiteradamente recuperar os servizos que foron centralizados en Ourense, sinaladamente para ofrecerlle un servizo de calidade á poboación da comarca, que ten que afrontar longos desprazamentos ata a capital da provincia independentemente da súa idade avanzada ou da doenza que estean a padecer.