O servizo municipal de emerxencias retoma o horario completo de 24 horas

Local de protección civil carballiño 19-5-14
Publicidade ASPADISI

Debido ás numerosas baixas que afectaron no mes de outubro ao persoal do Grupo Municipal de Emerxencias e á carga laboral extraordinaria que supuxo a loita contra as consecuencias da pandemia, o Concello do Carballiño decidiu adaptar o horario deste servizo ás mañás. Quedando cuberta calqueira incidencia polo parque de bombeiros do Carballilño.

Agora, o concelleiro de persoal, seguridade e Protección civil, Manuel Sotelo, ven de comunicar ao Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia que dende o próximo día 1 de febrero de 2021 o servizo municipal de emerxencias do Concello do Carballiño volverá atender os avisos de luns a domingo en horario completo de 24h. Así, o que se persigue, entre otras cousas, é unha adecuada coordinación co centro de atención.