O PP propón a estación de autobús como ubicación para o novo centro de saúde

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Partido Popular do Carballiño amosou hoxe a súa preocupación polo procedemento para a construción do novo centro de saúde. Sobre este tema, tamén se pronunciou hoxe o delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asegurando a total disposición da Xunta e que a súa preferencia é trasladalo ó centro urbán.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ricardo Perea, voceiro popular do Carballiño, falou hoxe sobre a problemática para a topar un terreo axeitado. Para a formación, a mellor opción sería a infraestrutura da estación de autobuses, para o cal sería necesario desenvolver a intermodal e trasladala á estación de ferrocarril.

Utilizar esta infraestrutura suporía a creación de prazas de aparcamento, e os populares aseguran que esta rúa do casco urbán é a idónea nese senso.

Pola súa parte, o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, asegurou que para a próxima semana contarán ca visita dos técnicos da Xunta. Tamén asegurou que se contará co consenso de todos os grupos. O Plan Xeral de Ordenación Urbanístico podería ser un problema.